O proxecto ELabHause.rur traballa para reforzar a resiliencia e aumentar a capacidade das administracións públicas locais, as Pemes de economía social e a sociedade dos territorios rurais europeos para superar as dificultades e crises a través da Nova Bauhaus Europea.

O pasado xoves 29 de xuño tivo lugar en A Estación un dos eventos locais previstos no programa do proxecto e que da inicio ao traballo dos laboratorios rurais.

Neste evento partiparon diversos axentes sociais con coñecemento e presenza no territorio rural de Vedra: Concello de Vedra, asociacións do territorio, GDR Terras de Compostela, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, Agaca, o propio centro de emprendemento A Estación Vedra, etc.

Máis información en https://www.concellodevedra.es/…/elabhause-espa%C3%B1ol