A ESTACION
CENTRO DE EMPRENDEMENTO
“Un espazo para poñer en marcha a túa idea”


Enfoque dende o rural e visión global

Xeración e consolidación de ideas de negocio

Non só coworking: pensamos contigo

O PROXECTO
Este proxecto parte inicialmente dun plan destinado á recuperación e posta en valor de toda a estación do ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla-Vedra e dos espazos que a compoñen como “Centro de emprendemento”. Unha labor que se veu desenvolvendo ao longo de 15 anos en diferentes fases dada a amplitude da mesma.
Esta rehabilitación foi financiada co apoio de diferentes organismos, como o GDR Terras de Compostela e a Xunta de Galicia.
No ano 2021 asinamos un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a dinamización do centro de emprendemento A Estación, e pasamos a formar parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo. O obxectivo: ser un axente de referencia que estimule a economía local de Vedra.
QUEN SOMOS
Somos un espazo multifuncional que alberga unha zona de traballo coworking para proxectos emprendedores e empresariais.
O centro conta cun servizo presencial e personalizado de asesoramento, consultaría e titoría, orientado á posta en marcha, seguimento e aceleración de ideas, negocios e empresas.
Cada proxecto seleccionado entrará nun programa de asesoramento individualizado e grupal articulado en sesións de avaliación, capacitación e acompañamento, que incluirán tanto aspectos de orientación de mercado, desenvolvemento de produto ou servizo, plan de negocio, marketing, financiamento ou aspectos de xestión xeral.
Podes ver o noso vídeo promocional premendo no enlace: https://youtu.be/UN8PnIKmRYk
Para información sobre @s nos@s coworkers: https://redecoworking.pel.gal/coworking/centro-de-emprendemento-a-estacion-vedra/
Quen se pode beneficiar do noso labor?
Persoas emprendedoras, asociacións e empresas existentes, as cales teñen cabida nas 4 liñas de apoio e asesoramento vixentes.
Esta rehabilitación foi financiada co apoio de diferentes organismos, como o GDR Terras de Compostela e a Xunta de Galicia.
No ano 2021 asinamos un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a dinamización do centro de emprendemento A Estación, e pasamos a formar parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo. O obxectivo: ser un axente de referencia que estimule a economía local de Vedra.


FORMACIÓN
A partires de setembro retomaremos coas formacións en A Estación. Imos desenvolver unha serie de cursos gratuítos non só dirixidos a coworkers senón ao público en xeral.
Os cursos son presenciais e desenvolveranse na aula de formación de A Estación. O nº máximo de asistentes virá determinado en cada convocatoria.
No noso Facebook iremos dando a coñecer a programación así como información detallada de cada un dos cursos.
Estes son algúns dos cursos desenvolvidos nos anos previos.
SOLICITAR PRAZA
Solicitude de inscrición no Centro de Emprendemento A Estación
Vedra pon en marcha un novo centro de emprendemento aberto a emprendedores e emprendedoras e empresas de nova creación. Ofrece espazos de traballo, formacións individuais e grupais e eventos en rede con vistas a posibles sinerxias e colaboracións. Interésache?
Quen pode acceder?
Calquera persoa física ou xurídica que se atope dentro dos seguintes apartados:
1. Persoas emprendedoras: aquelas persoas que, ben de forma individual ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa.
2. Autónomos/as, empresas e entidades que desenvolvan algunha actividade dende fai menos de 2 anos. O esencial é que a liña de actividade para a que se solicite apoio non leve 2 anos dende a alta no IAE correspondente.
3. Usuari@s puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do Espazo de Traballo para actuacións vinculadas co emprendemento ou a actividade empresarial que desenvolvan.
ONDE ESTAMOS
O Centro de Emprendemento “A Estación” localízase no lugar de Galegos nº 28, na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla (Concello de Vedra), no entorno da antiga estación do tren.




