Creativas Galegas é un colectivo formado por máis de 200 persoas e pequenas marcas, do eido cultural galego, que crean ou deseñan en Galicia e en cuxa filosofía prima, o traballo de calidade: profesionais da artesanía, artistas, artes escénicas e pequenos produtores/as galegas/os.
Unidos baixo o amparo dunha única marca buscan conseguir unha serie de logros comúns como:
- Poder de negociación grazas a unha negociación colectiva.
- Mais visibilidade e tráfico de clientes obxectivos aos nosos espazos de venda pola suma de forzas e recursos de todas as persoas do colectivo.
- Competir no mercado co noso produto artesanal fronte ao produto importado.
Esta mañá en A Estación mantivemos unha nova xuntanza de traballo con Isa, Sandra, Bea e Almudena de Creativas Galegas. Non paran de crecer, e sempre é un pracer falar de proxectos con elas.