Co novo ano seguimos coa actividade no centro de emprendemento. Porque en A Estación tamén ten cabida o Laboratorio de ideas e innovación no ámbito cultural, enmarcado dentro da iniciativa A Estacion Cultural.

Ten como obxectivo impulsar novas ideas no ámbito cultural, e presta un servizo de asesoramento gratuito para a creación e posta en marcha de proxectos, produtos e servizos culturais.

As ideas que xurden do laboratorio teñen como finalidades principais: xerar impacto social e económico no Concello e axudar no desenvolvemento do talento no ámbito cultural.

Para máis información, podedes contactar co 981 51 22 44 ou en aestacion@concellodevedra.gal.