Tras a mesa sectorial relacionada con agricultura ecolóxica, foi a quenda do sector forestal.

Onte en A Estación falamos con profesionais do sector forestal da contorna, no marco da mesa sectorial que organizamos conxuntamente co GDR Terras de Compostela. Falamos das necesidades do sector, pero tamén de oportunidades que traballaremos nos vindeiros meses.