Saltar ao contido

Xornadas sobre emprendemento

O pasado mes de setembro celebramos estas xornadas de Emprendemento en A Estación. Aquí tes toda a info.

Catro mañás, catro módulos independentes para levar o teu proxecto do papel á acción.

Podes asistir a un só día ou aos catro — ti elixes

14, 15, 16 e 17 de setembro ´26


De 10 a 13 horas.


Centro de Emprendemento A Estación , Vedra


gratis!


1.- QUE É ESTE CURSO?

Moita xente en Vedra e arredores ten unha idea de negocio na cabeza, ou xa está a dar os primeiros pasos, pero fáltalle estrutura, coñecemento do mercado ou saber onde buscar recursos. Este curso nace para cubrir eses ocos.

Catro mañás independentes que cobren todo o proceso: dende deseñar o modelo de negocio, ata coñecer o mercado, financiar o crecemento e saber vender. adaptados a un formato práctico e a un contexto realmente galego.

Unha iniciativa do Centro de Emprendemento A Estación (Concello de Vedra), dentro da Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña.

2.- OBXECTIVOS DO CURSO:

  • Estruturar ou validar unha idea de negocio
  • Coñecer o mercado e a competencia do teu sector
  • Descubrir vías reais de financiamento en Galicia
  • Mellorar as túas habilidades de venda

3.- QUE LEVARÁS DO CURSO?

Un proxecto máis estruturado

Sairás con ferramentas aplicadas directamente ao teu propio negocio, non con teoría abstracta.

Coñecemento real do teu mercado

Saberás identificar a túa competencia, o teu público e como diferenciarte.

Vías de finaciación accesibles

Coñecerás as axudas e recursos reais dispoñibles en Galicia (IGAPE, GDR, Deputación) para o teu proxecto.

Máis confianza para vender

Mellorarás as túas habilidades de venda e xestión do teu día a día.

4.- PROGRAMA

Día 1: luns 14 de setembro

DESEÑA O MODELO DE NEGOCIO DO TEU PROXECTO

Traballamos co Business Model Canvas para estruturar proposta de valor, clientes, canles, ingresos e custos. Sairás co teu propio modelo esbozado e cunhas primeiras ideas para validalo. Para ti se: tes unha idea en mente e queres ordenala de forma práctica, sen coñecementos previos de xestión.

Día 2: martes 15 de setembro

COÑECE O TEU MERCADO

Aprende a identificar a quen vender e como destacar sen competir por prezo.
Analizamos o teu sector, aprendemos a segmentar o público obxectivo e vemos como aplicar a estratexia do océano azul para diferenciarte da competencia.
Para ti se: xa tes unha idea ou negocio en marcha e queres entender mellor onde xogas.
Inscríbete agora

Día 3: mércores 16 de setembro

CRECEMENTO E FINANCIAMENTO

Descobre as vías reais de financiamento dispoñibles en Galicia.
Vemos motores de crecemento, conceptos básicos de financiamento e repasamos as axudas reais e accesibles: IGAPE, GDR Terras de Compostela, Deputación da Coruña, etc.
Para ti se: queres saber como financiar o crecemento do teu proxecto con recursos reais.
Inscríbete agora

Día 4: xoves 17 de setembro

VENDE MELLOR E XESTIONA O TEU TEMPO

Mellora as túas vendas e gaña control sobre o teu día a día
Bloque de autoxestión e produtividade, seguido de técnicas de venda consultiva: xestión de obxeccións e peche de vendas con casos prácticos.
Para ti se: tes que vender o teu produto ou servizo e queres facelo con máis confianza.
Inscríbete agora

QUEN IMPARTE?

Asier Epelde Piñeiro

Técnico do Centro de Emprendemento A Estación (Concello de Vedra). Fundador e socio da cooperativa ItacaSWL durante 15 anos, emprendedor en EnGalegosNúmero2 dende o ano 2023.
Licenciado en Historia, conta tamén con estudos en Ciencias Empresariais así como un Máster Universitario en Marketing Dixital e formación especializada en xestión e emprendemento.

Ademáis cada día contaremos con persoas relacionadas que virán a falarnos da súa experiencia

Curso fora de prazo. Se queres apuntarte á seguinte edición envía un correo a aestacion@concellodevedra.gal