O mércores 24 de agosto en A Estación fixo escala «Socialia: sostibilidade, desenvolvemento e patrimonio”, un proxecto europeo que conta co apoio financeiro do Programa Erasmus+ da Unión Europea (Mobilidade xuvenil).Trátase dun proxecto de cooperación entre o Concello de Vedra, que realiza a función de entidade coordinadora, e a Comune di Capannori (Toscana-Italia), dous concellos que están unidos a través dun pacto de amizade dende o ano 2021.

Dende A Estación explicamos os obxectivos e funcionamento do centro de emprendemento, nun acto no que moz@s da Comuni di Capannori fixeron distintas exposicións sobre a actividade social, ambiental, etc. deste municipio italiano.