Durante estes meses vimos xerando relacións con distintos axentes do territorio, de cara a xerar unha rede colaborativo con varios factores comúns: o traballo en prol do desenvolvemento rural e o emprendemento social, e a xestión do talento no territorio (de persoas con iniciativas, e de empresas e asociacións que xa veñen traballando nel).

Non queremos deixarnos a ninguén atrás: GDR19 Terras de Compostela, AFIPRODEL, asociacións de Vedra, Creativas Galegas, e profesionais de distinta índole. Entre elas está SECOT cuxo apoio será esencial para o desenvolvemento do laboratorio de ideas, produto e procesos que estamos implementando en A Estación Vedra.