Foi un proxecto europeo dirixido á xuventude, que tivo como obxectivo final o desenvolvemento dun ecosistema virtual e presencial de apoio, asesoramento, estímulo, formación, e oportunidades de plasmar ideas innovadoras de cara ao empoderamento da xente nova no seu desenvolvemento profesional.

O proxecto tamén fomentou a cultura emprendedora dirixida a acadar oportunidades de autoemprego con especial atención ao emprendemento creativo no rural europeo. Promovido no marco do programa ERASMUS+ 2014-2020 (Acción Clave 2 – Asociacións Estratéxicas de apoio á innovación no ámbito da xuventude), a subvención total do proxecto foi de 144. 161 euros.

Visita a web do proxecto: https://www.youthnestcrea.com/